Thursday 25 de April de 2024

Inés Rey eloxia o traballo do coruñés Alberto Vázquez, creador de ‘Unicorn Wars’


O Concello organizará unha mostra sobre o proceso creativo levado a cabo nesta película gañadora do premio Goya

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu ao director de animación, ilustrador e debuxante coruñés Alberto Vázquez, que vén de acadar o premio Goya a mellor película de animación por ‘Unicorn Wars’. A rexedora eloxiou o seu singular traballo artístico, que anteriormente xa lle levou a gañar outros tres premios da Academia de Cine española.

O Concello organizará nos próximos meses na sala de exposicións de María Pita unha mostra sobre o proceso creativo de ‘Unicorn Wars’, na que tamén será exhibido o seu premio Goya. “Con esta iniciativa buscamos que a cidadanía coñeza máis en profundidade o traballo que hai detrás dunha das propostas de animación máis rompedoras do momento”, sinalou Inés Rey, que felicitou ao artista polo seu traballo.